A Biblioteca Provincial cumple 30 anos

A Biblioteca Pública de Lugo cumpre 30 anos de existencia e celebrou esta efeméride cun acto no que as distintas directoras da institución ao longo deste tempo actúan como guías da súa evolución. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiu un acto para o recordo, no que o futuro de biblioteca tivo tamén un papel relevante. A Biblioteca Pública de Lugo, de xestión autonómica, forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coordinada pola Subdirección Xeral de Bibliotecas da Secretaría Xeral de Cultura. Os centros desta rede constitúen un dos eixes culturais básicos da sociedade actual, xa que facilitan o achegamento da cidadanía á información e á cultura. Os servizos bibliotecarios permiten un acceso gratuíto e en igualdade ao libro e á lectura e, cada vez máis, son espazos centrais da dinamización cultural de vilas e cidades.

Etiquetas:

Deixe un comentario