Almorza Saudable

otra-de-almozosMáis de 1.400 rapaces de 5 a 8 anos aprenderon a almorzar de xeito saudable no seu centro educativo
Participaron nesta iniciativa municipal, como outros anos, 23 colexios da cidade

O día 10 de febreiro deu comezo no CEIP Illa Verde de Lugo a undécima edición do programa de Almorzos Saudables. Esta actividades está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos para que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos. A programación xusto rematou o día 4 de abril no colexio Galén.

Ata un total de 1.400 nenos de entre 5 e 8 anos reuníronse en grupos día a día ante unha mesa para tomar un almorzo típico exemplo de boa alimentación. O grupo Matapiollos charlou con eles e preguntoulles sobre os seus costumes alimentarios.

Esta iniciativa municipal está a cargo todos os anos da Concellería de Servizos Xerais. Son eles os que se puxeron mans a obra cando nos colexios detetaron que cada vez máis nenos e nenas non tomaban o almorzo ou que incluso non levaban nada para o recreo, nalgúns casos motivados pola crise económica. Por iso, buscouse desde o principio concienciar aos máis pequenos da importancia desa comida. De feito, participaron xa nesta sesión un total de 25.000 rapaces de todo Lugo.

Este ano, os nenos e nenas, ademais de aprender os valores nutricionais, puideron gozar dos monicreques da man de Matapiollos, que tivo como figura principal a Dona Enriqueta, que sustituiu á anterior mascota, Cunquín. Nestas sesións foi a propia Enriqueta a que aconsellou aos pequenos sobre alimentación.

Os obxectivos desta campaña foron conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan dun xeito máis saudable, cun produto lácteo, que aportou o grupo Lactalis/Puleva, froita, iogures e zumes de Eroski Vegalsa, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén incluiuse o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores e, por primeira vez, un postre de queso e chocolate de Quescrem.

23 colexios públicos, privados e concertados participaron nesta iniciativa novamente, o que volveu a amosar o éxito que ten e a importancia que se lle da desde os propios centros. O Alcalde, José López Orozco, visitou o colexio Casás durante a súa sesión de almorzo saudable e lembrou a importancia de almorzar ben e de maneira equilibrada para conseguir un maior rendemento no colexio e ter máis enerxía para afrontar as actividades diarias. Ademais, recomendou que os nenos e nenas deben comer froita, lácteos e cereais para medrar con saúde e fortes.

Recreo

Nesta mesma liña, o Concello está a repartir tentempiés entre escolares da cidade que non levan comida para o recreo a unha media de catro ou cinco alumnos por centro. Esta medida tomouse pola cantidade de horas que os nenos pasan sen comer algo (entre las 9:00 e as 14:00 como mínimo) sumado ás penurias económicas que viven moitas familias.
Ademais, cada vez hai máis requerimentos de informes por parte dos Servizos Sociais ante as peticións de axuda por parte das familias. De feito, tamén cambiou o tipo de tentempié que se leva ao colexio, xa que antes eran produtos caros e mercados e agora óptase polo bocadillo e as gallegas traídas da casa, máis sans.

A epidemia do século XXI: a obesidade

alimentacion-diariaUn 21,3% dos nenos españois entre 6 e 12 anos e un 14,3% dos adolescentes de 12 a 17 teñen obesidade abdominal e, polo tanto, risco metabólicos  importante, aínda que moios deles teñen un peso completamente normal. Do total de nenos con peso normal ou sobrepeso, un 7,5% presentan este tipo de obesidade, o mesmo que o 49,2% dos nenos obesos.
O aumento da circunferencia abdominal permite detetar máis fácilmente aos menores con risgo cardiometabólico. De feito, a graxa abdominal é importate á hora de padecer estas enfermidades en idades moi temperás. Antes desta análise non se detetaban todos os casos se non se atenía a circunferencia abdominal.

Médicos e expertos en actividade física comezaron unha guerra sen cuartel á obesidade infantil, que se coñece xa como a epidemia do século XXI. Esta guerra xurde porque as consultas dos pediatras comezan xa a ver nenos con complicacións derivadas da obesidade como diabetes tipo 2, colesterol alto e hipertensión.

Os datos son alarmantes: un 19% dos nenos en idade pediátrica son obesos (no 1975 era o 5%) e outro 26% teñen sobrepeso o que fai un total do 45%. Quere isto dicir que o peso do varóns subiu oito quilos en dous decenios e o das nenas case sete, mentres que o índice de masa corporal creceu dous puntos. Estes datos sitúan a España por riba de Estados Unidos, que ten un índice de obesidade infantil do 16,9%.

Convencidos de que hai que loitar contra esta lacra só se pode acudir a dúas medidas: dieta e exercizo físico. A dieta implica levar unha alimentación sa evitando azucres e graxas saturadas que aportan os alimentos de moda.  Os pediatras lembran que o eixo da alimentación sa é o consumo de tres racións de froitas e dúas de verduras ao día, tres inxestas de pescado á semana, reducir o tamaño das racións e substituír as bebidas azucaradas por auga e lácteos.

E é que o 95% dos nenos menores de tres anos inxere un exceso de proteínas ata catro veces superior do recomendado. É dicir, estamos xestando aos futuros obesos da nosa sociedade, que consumen unha media de dúas racións de comida rápida á semana.

O exerzico físico ten que impoñerse porque os cambios sociais trouxeron á nosa sociedade un ocio para os pequenos inactivo que fai que o problema sega a crecer.
Para atallar a situación comezará un traballo continuado de obradoiros divulgativos, conferencias e demais accións para a concienciación de pais, educadores e médicos.

Deixe un comentario