Almorzos saudables

Preto de dos mil escolares do primeiro ciclo de Primaria aprenden un ano máis a almozar de xeito saudable

Por primeira vez participan todos os colexios de Lugo no programa municipal

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitaron este curso en numerosas ocasións aos nenos e nenas dos colexios que participan este ano nunha nova edición do programa Almorzos Saudables que organiza o Concello de Lugo.

Como xa é coñecido, este programa ten como finalidade que os pequenos aprendan a almorzar de xeito saudable “porque para estar no colexio hai que traballar co corpo e coa mente e por iso é necesario ter moita enerxía”, como lles explicou José López Orozco.

Neste programa, os nenos de 5 a 8 anos de todos os colexios da cidade aprenden a alimentarse de maneira saudable e gozan coas peripecias de Dona Enriqueta, a nova mascota dos Almorzos Saudables, que lles ensina a eliminar malos hábitos alimenticios.

Nas doce edicións do programa de Almorzos Saudables xa son máis de 27.000 os nenos e nenas de Lugo que tomaron parte nunha actividade que pretende que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos e que chega nesta edición ao seu máximo nivel con 2.000 rapaces participando.

Como novidade este ano está a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en concreto coa Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na que varios estudantes do Grao de Nutrición Humana e Dietética van a estudar os menús e explicarlles aos pequenos a necesidade de alimentarse correctamente. Un equipo desta facultade está a realizar este estudo no que poderán particiar os coles que o desexen de forma totalmente desinteresada.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día, froita, iogures e zumes de Eroski Vegalsa, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén se inclúe o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores e un postre de leite e chocolate de Quescrem.

As sesións que se desenvolven nos centros non só consisten en que os pequenos tomen os seus almorzos, tamén aprenden o que deben ou non deben xantar a través dos consellos que lles ofrece Dona Enriqueta. Ademais, realizan actividades complementarias vinculadas coa alimentación. Non se deixa pasar a ocasión de estudiar o compartamento dos nosos nenos, que contestan a un cuestionario sobre os seus hábitos dun xeito anónimo e moi divertido.

Programa:

√ 23, 24 e 25 de febreiro.- Colexio Luis Pimentel
√ 26 e 27 de febreiro. – Colexio As Mercedes
√ 2 e 3 de marzo.- Colexio de Albeiros
√ 4 de marzo.- Colexio da Ponte
√ 5 e 6 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro
√ 9 de marzo.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras
√ 10 e 11 de marzo.- Colexio Maristas
√ 12 e 13 de marzo.- Colexio Illa Verde
√ 16 de marzo.- Colexio Divino Maestro
√ 17 de marzo.- Colexio infantil Fingoi 2
√ 18 de marzo. – Colexio Manuel Mallo
√ 23 e 24 de marzo.- Colexio Paradai
√ 25 de marzo.- Colexio de Casás
√ 26 de marzo.- Colexio Milagrosa
√ 27 de marzo.- Colexio Cervantes
√ 8 de abril.- Colexio Quiroga Ballesteros
√ 13 e 14 de abril.- Colexio Pai Franciscanos
√ 15 de abril. – Colexio Galén
√ 16 a 17 de abril.- Colexio Anexa
√ 20 e 21 de abril.- Colexio Menéndez Pelayo
√ 22 e 23 de abril.- Salesianos Divina Pastora
√ 27-28 de abril.- Colexio María Auxiliadora
√ 29 de abril.- Colexio Fingoi

Lugo, Elixe Saúde

Porque a alimentación é materia de interese e de estudo constante, como eixo e fundamento da saúde humana, foi o tema central do Salón Lugo Elixe Saúde, que se celebrou na praza de San Marcos coa participación de entidades vinculadas ao coidado da súade e organizado co obxectivo de promover entre os veciños da provincia hábitos saudables e o uso correcto de medicamentos. Os asistentes tamén puideron someterse a probas médicas da man de profesionais. Foi tamén esta a ocasión de presentar un libro de tamaño xigante, cunha encadernación de madeira realizada polo CENTRAD, que recolle unha serie de monográficos divulgativos sobre as enfermidades máis predominantes na sociedade.

As carpas instaladas en San Marcos incluiron espazos para os colexios profesionais de médicos, enfermeiros e farmacéuticos de Lugo, ademais de mesas informativas de colectivos lugueses relacionados coa saúde, como por exemplo a delegación local da Asociación Española de Loita contra o Cancro, a Asociación de Diabéticos Lucenses, a de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, a Asociación Galega de Lupus, a Asociación Lucense de Fibromialgia, a Asociación de Persoas Xordas ou a Cruz Vermella.

Ademais, o salón de actos da Deputación acolleu tres conferencias, sobre vacinación a cargo do doutor Carlos Quintas, xefe do servizo de Medicina Preventiva do HULA; sobre tabaquismo, da doutora Andrea Gallego, médica da Sociedade Española de Expertos en Tabaquismo; e Ana Prieto, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, sobre medicamentos.

O salón é froito do proxecto LugoSaúde emprendido polo Grupo El Progreso e os colexios oficiais de médicos, enfermeiros e farmacéuticos de Lugo, en colaboración coa Deputación e diversos colectivos sociais, co obxectivo de divulgar entre a cidadanía distintos aspectos das doenzas máis comúns na sociedade, como diabetes, cancro de mama ou doenzas renais, así como para darlle visibilidade aos pacientes e ao traballo asociativo no ámbito das enfermidades máis minoritarias ou raras, como o lupus ou a esclerose múltiple.

A Deputación, a través do CENTRAD, elaborou unha encadernación de madeira de tamaño xigante para o libro que recolle os monográficos do suplemento LugoSaúde que publicou El Progreso durante máis de dous anos. Tamén fabricou un atril, igualmente de madeira, como soporte para expoñer a publicación. Dos traballos ocupouse o obradoiro do moble do CENTRAD e o artesán Antonio Franco, do obradoiro de instrumentos musicais.

Só dúas cucharaditas de azucre ao día
A OMS sinala que unha persoa adulta non debe tomar máis de 12 cucharadas de azucre para non danar a súa saúde, aínda que é mellor non tomar ningunha. A OMS sinalou unha serie de normas sobre o consumo do azucre como causante do sobrepeso, a obesidade e a caries dental. Recomenda que a persoa diminúa o consumo de azucre a menos dun 10% das calorías que consome ao día o que supón unhas 200 calorías para os adultos, é dicir, 50 gramos menos de azucre, e unhas 150 para os nenos é dicir 37 gramos ou 9 cucharadas como máximo tolerable antes de caer en enfermidade.

Casos de anorexia a partir dos 9 anos
O número de pacientes con risco de sufrir trastornos alimentarios vai en aumento en Galicia. Unha característica das enfermidades de tipo alimentario (aínda que a anorexia e a bulimia son as máis perigosas, hai outras como o trastorno por atracón que empezan a ser cada vez máis habituais) é a falta dun diagnóstico. Ás veces, nin o enfermo nin a súa contorna son conscientes do problema. Xa teñen detectado en Galicia casos de nenas de 9 anos con anorexia, aínda que o habitual é que comecen sobre os 11. Tamén teñen detectado esto en nenos, aínda que en menor medida, cunha relación de 1 de cada dez.

A obesidade causa o 5% dos falecementos
O impacto económico mundial producido tan só pola obesidade é de aproximadamente 2 trillóns de dólares, o que equivale ao impacto producido polo tabaquismo ou pola violencia armada, a guerra e o terrorismo. Máis de 2,1 millóns de persoas (case o 30 por cento da poboación mundial) teñen sobrepeso ou obesidad. Iso é case dúas veces e media o número de adultos e nenos que están desnutridos. De feito, estímase que a obesidade é responsable de cerca do 5 por cento de todas as mortes ao ano en todo o mundo. O problema da mala alimentación está presente tanto en países ricos como en desenvolvemento, xa que enfermidades cardiovasculares, cancro e diabetes están aumentando con maior rapidez nas economías en desenvolvemento.

Deixe un comentario