Alternativas ao ensino tradicional

O obxectivo é conseguir que os pequenos aprendan de forma divertida
Os métodos varían dependendo dos ámbitos de ensino

musicaMoitas voces piden desde diferentes ámbitos unha renovación no ensino que implique novos métodos que garantan mellores resultados. Nalgúns centros proban diferentes programas  ou mesmo diferentes iniciativas como participacion en programas, concursos ou actividades fóra dos centros. A finalidade de todos estes métodos é conseguir que a aprendizaxe se realice dun xeito máis lúdico e conseguir atraer ao estudante. Nestas páxinas imos falar dalgúns métodos novidosos, como este primeiro, no que a innovación está vinculada á música.

A aprendizaxe musical a través de contos, cancións é a base do programa Musicaeduca, un sistema que permite comezar coa aprendizaxe musical moito antes e incentivar ao pequeno a seguir con estes estudos reglados. Isto é así porque desde sempre para aprender a tocar un instrumento hai que comenzar por aprender a linguaxe musical o que resulta tedioso para moitos pequenos.

Actualmente este revolucionario sistema de ensino, que naceu hai sete anos en Alcalá de Henares da man de dous profesores de música,  impártese unicamente en Lugo da man de Alis Martínez. O obxectivo é facer un ensino divertido da linguaxe musical e comenzar a tocar os instrumentos desde o primeiro momento.

Con este sistema os pequenos comezan a estudar música a partir dos 21 meses. O método divide a aprendizaxe para os menores de 5 anos e para os maiores desta idade. Así os máis pequeniños aprenden a través de contos  e cancións. Contan coa súa gran protagonista, a Vaca Valentina, coa que recoñecen as estacións do ano, os diferentes sons da granxa, e os sons de diferentes lugares e culturas. Todo isto de forma divertida e a través de xogos.

Hai tres ciclos na primera etapa, que se coñecen como Musicón 1, 2, e 3 e que corresponden a nenos de 21 meses a cinco anos.

A partir desa idade se utilizan xa outras técnicas moito máis elaboradas pero baixo o mesmo principio de aprender divertíndose. Utilizan Mi Teclado, Percubón e Mi Violín.

No caso de Mi Teclado e Mi Violín o que fan é utilizar estes dous instrumentos para aprender a linguaxe musical. Con este sistema aprenden os matices, os tempos e os diferentes termos musicais. Ademais aprenden coas súas propias cancións e composicións, moi sinxelas.

O Percubón está basado na percusión que se consegue utilizando o noso propio corpo e producindo a música a través de palmadas, golpes e sons diversos.

Para aqueles nenos que se inician tarde na música ou mesmo para os adultos se utiliza como primeiro método de ensino.

Por outra banda, existe un último método para os nenos maiores de sete anos para aprender piano que ten moito parecido con Mi Teclado pero é moito menos infantil.

Este método conseguiu xa conquistar a numerosos centros de ensino tanto públicos como privados pola sua facilidade de aprendizaxe e porque permite que o neno identifique a aprendizaxe musical con algo ameno e divertido, no que  hai moitos xogos e actividades que xeran unha corrente positiva nos pequenos e rompen co sistema tradicional que é o mesmo que se utiliza desde sempre.

Alis comezou os seus estudos de música con sete anos e para ela este método significa “un avance importante porque podes comezar a traballar desde máis pequeno e cando chegan ao Conservatorio xa contan con moitos coñecementos.

A participación en concursos

constituticionUnha boa maneira de aportar un valor engadido á educación é a participación en concursos de redacción e debuxo que organizan distintas entidades. O feito de que ese esforzo teña unha compensación axuda na aprendizaxe.

O alumno do colexio Casás de Lugo de 6º de Educación Primaria Joseph Rábade Rodríguez foi un dos gañadores do concurso nacional ‘Una Constitución para todos’, convocado polo Ministerio de Educación.

O alumno participou elaborando unha poesía sobre a Constitución. Recibirá un diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución nun acto organizado no Congreso, onde serán recibidos polo presidente da Cámara. Terá a oportunidade de visitar a Cámara Baixa.

 

Freando o cambio climático

O Cumio do Clima en París, que se está a celebrar na capital francesa entre o 30 de novembro e o 11 de decembro e no que participan 195 países, abre unha nova oportunidade para pechar un acordo internacional que permita frear o proceso de quecemento global, e polo tanto, que reduza a posibilidade dun Cambio Climático inmediato.

Desde as aulas, tomar conciencia da oportunidade de implicar ao noso alumnado nesta ocasión histórica, podería ser a escusa para desenvolver estratexias de mellora, individuais e colectivas, con respecto á xestión da enerxía no contorno máis próximo, é dicir, na nosa escola.

Galén está a desenvolver un proxecto anual de investigación experimental sobre o Cambio Climático, co que se pretenden coñecer as características e a composición da atmosfera, a súa dinámica, os cambios producidos no último século e as consecuencias dos mesmos.

GALENO alumnado está a realizar unha Ecoauditoría Ambiental sobre a xestión da enerxía coa que poder evidenciar o impacto que xera Galén a nivel atmosférico. Para isto, investigan sobre os tipos de enerxía empregada e a súa relación co cambio climático. Tamén analizan o consumo de enerxía do centro, valorando o custe económico e ambiental do mesmo e por último, inspeccionan o estado das instalacións para conseguir un funcionamento máis sostible das mesmas.

Unha parte da investigación céntrase nos medios de transporte empregados polo alumnado e o profesorado para acudir ao centro escolar. Neste apartado, primeiro compróbanse as emisións realizadas por un vehículo a través do tubo de escape, coa intención de ser capaces de visualizar mediante análises de laboratorio a presenza de dióxido de carbono e de óxidos de nitróxeno nos fumes que eliminan os vehículos polo tubo de escape.

A investigación vai determinar tamén a presenza ou non, deses gases no aire exhalado durante a respiración o que vai permitir observar diferenzas evidentes entre camiñar e coller os coche para os desprazamentos cotiás.

Cuantificando o número de vehículos empregados a cotío, así como o numero de persoas que utilizan transporte escolar ou veñen camiñando saberemos aproximadamente a pegada ecolóxica dos nosos desprazamentos á escola.

Para finalizar a ecoauditoría, con todas as observacións realizadas, elabórase un informe que permita a redacción do Plan de Acción.

O Plan de Acción vai recoller propostas a curto e a medio prazo, que sexan razoables e realizables permitindo a toma de decisións cara á mellora ambiental do centro a tres niveis: instalacións máis eficientes, uso dos recursos máis sostible e comportamentos máis ecolóxicos. Por outro lado, vai supor a aceptación da responsabilidade de toda a Comunidade Educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) nos problemas asociados á unha xestión sostible da enerxía, polo que unha actuación coordinada vai permitir unha diminución na pegada ecolóxica no noso centro.

Esperamos que París sexa o novo escenario de compromiso colectivo cara á consecución dun novo modelo enerxético, que permita o equilibrio entre o desenvolvemento e o medio ambiente. Pero mentres tanto, en Galén pretendemos aportar o noso gran de sostibilidade, coa esperanza de que actuando localmente, poidamos realizar cambios a nivel global.

Artículo enviado polo Colexio Galén sobre o traballo sobre cambio climático realizado polos alumnos de bioloxía dirixidos pola profesora Elia Ginzo

Historia dunha pelota e As para voar

O Colexio Pais Franciscanos de Lugo, a través do seu innovador Proxecto Bana, liderou o ano pasado unha actividade intercolexios co título ‘Historia dunha pelota’ .

Trátase dun traballo sobre a competencia lingüística desde os aspectos concretos da expresión escrita e da expresión oral, a través dunha historia escadenada en formato audiovisual e en formato libro. A actividade desenvolveuse durante o curso pasado e publicou as súas experiencias ao finalizar o proxecto no mes de xuño.

A través do fío condutor dunha pequena pelota de plástico olvidada nunha aula que viaxa de lugar en lugar, de neno en neno,  elaborouse unha historia na que participaron seis centros escoalres de cinco localidades galegas distintas que corresponden a tres provincias e nas que participaron máis de cen alumnos do segundo ciclo de Primaria.

Nesta primeira experiencia os protagonistas foron o colexio plurilíngüe PP Franciscanos de Lugo, o colexio María Auxiliadora de Lugo, o CEIP Antas de Ulla, o CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, o colexio plurilingüe PP Franciscanos de A Coruña e o CPI de Atios de Valdoviño.

Neste proxecto estiveron involucrados profundamente mestres como Germán Cordo, Laura Río, Laura Adela Fernández, Pilar Méndez, Jesús Dopazo, Merce de Santaló,  Marta Gayoso e Luis Abel Taboada, este último creador do proxecto Bana no colexio lugués.

Este curso cambian estes axentes protagonistas e baixo o título ‘Alas para volar’ reunirán ao Colexio Franciscanos de Lugo, os alumnos do penal de Teixeiro, os nenos da aula hospitalaria do HULA, os residentes de AbeiroGold, e o alumnado do colexio mexicano Instituto Avance de San Luis de Potosí.

 

 

Etiquetas: ,

Deixe un comentario