Alumnos franceses de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

270317-Intercambio-Nosa-Senora-dos-Ollos-Grandes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes franceses, do Lycée Joseph Saverne, de L’Isle Jourdan, en Toulouse, que pasan estes días na cidade grazas a un programa de intercambio co IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes. A rexedora falou aos rapaces do que significa ser Alcaldesa e dos atractivos da cidade, convidándoos a ser embaixadores de Lugo e a volver de visita ou para realizar a súa vida profesional. Ao encontro asistiron profesores do centro educativo francés e do lucense.

Deixe un comentario