Armando Morales Blanco, director da Escola Municipal de Música: “O obxectivo é incluír na formación os instrumentos que non son de banda”

escuela-de-musicaTras un primeiro ano de éxito, a Escola Municipal de Música porase en marcha de novo este mes de setembro cun aumento do alumnado propiciado pola ampliación das instalacións con tres novas aulas con capacidade para agrupacións grandes. Ao fronte da escola está Armando Morales Blanco, que lidera esta iniciativa que conseguiu xa ter unha media de 400 alumnos por curso, superando con moito as expectativas iniciais, que estaban en ter 200.

Qué valoración se fai do primero ano?

Moi positiva. Sorprendeunos en primeiro lugar o interese ao ter agora mesmo 400 alumnos matriculados e 80 en lista de espera. Tamén sorprendéronnos pola súa capacidade de aprendizaxe, xa que, por exemplo, conseguimos celebrar un magnífico festival que dí moito dos nenos estudantes. Ademáis, a escola supuxo un cambio para mellor da banda, xa que realizamos un ciclo de concertos didácticos polos colexios que foi un éxito.

Cales son as necesidades para inscribirse na escola?

Non hai unha obriga específica prefixada. Pode asistir calquera pesoa de entre 3 e 103 anos (risas), teña coñecementos previos ou non. O único que ten que ter é interese e paixón pola música. As nosas clases son abertas a todos e o único requisito é o coñecemento da linguaxe musical para tocar un isntrumento, pero tamén nós ofertamos esa materia. De feito, desde que comezamos, adaptámonos ás necesidades dos alumnos. Tíñamos nun principio unha idea do que íamos impartir, e despois, os propios alumnos fixeron que fósemos conformando a oferta en función das súas necesidades. De feito, cando se iniciou o proxecto a única esixencia era adaptarse á demanda e aos intereses dos alumnos.

Cumplíronse os obxectivos cos que se abriu a escola?

En principio creo que están cumpridos porque a idea era, en primeiro lugar, achegar a música e a posibilidade de aprender música a todo o mundo conseguido unha cidade máis culta. Isto xa se cumpriu, como dicía polo importante número de alumnos que temos e tamén porque era importante deixar de ser a única cidade galega que non tiña escola municipal de música. Para nós é un rasgo importante o feito de que a metade do noso alumnado sexan rapaces de entre 3 e 8 anos, o que fala da necesidade que había nisto.

Qué proxectos teñen para os próximos anos?

O principal proxecto ou obxectivo é acadar 600 alumnos, para o que sería necesario seguir crecendo en espazo. Ademais, o que queremos é ampliar e formar en instrumentos que non son de banda, como o piano, o acordeón ou a guitarra, instrumentos que nos demandan pero que aínda non ofertamos por falta de profesorado formado nestas especialidades.

OS DATOS

• A escola ofrece formación en 17 especialidades diferentes divididas en dez agrupacións, onde os interesados poden escoller aquela ou aquelas que máis lles interesen.

• Os horarios adáptanse ás apetencias dos alumnos, xa que hai distintas horas e o número de clases ás que se pode asistir é a conveniencia do alumno.

• Unha das novidades da programación é a Charanga, que está tendo moito éxito, ao igual que a música moderna e o jazz.

Etiquetas:

Deixe un comentario