Carlos Coira, actor e socio fundador da compañía de teatro Matapiollos: “Facemos que a aprendizaxe máis formal sexa lúdica para os nenos”

Carlos-AbrapalabraEste trimestre, os colexios de Lugo celebraron unha nova edición do programa Almorzos Saudables. Os pequenos participantes aprenderon como almorzar de xeito saudable pero tamén o fixeron da man dunha muller que, na súa primeira experiencia ante os nenos, conseguiu mantelos encantados. De nome Dona Enriqueta, esta marioneta de trapo, charlatana e agarimosa, foi creada pola Compañía Profesional de Teatro luguesa Matapiollos, da que é un dos socios fundadores e tamén actor Carlos Coira.

Como foi esta primeira experiencia cos almorzos saudables?
-Foi unha experiencia enriquecedora para nós porque traballar con nenos sempre nos aporta moito e cremos que tamén para eles, que gozaron como nós dos almorzos. Foi tan boa a experiencia que de feito Dona Enriqueta, que naceu para participar nos almorzos saudables, quedarase con nós máis tempo do previsto e xa está pensando en novas actuacións e proxectos. A outra parte implicada, os mestres mostráronnos a súa satisfacción, así que agora o que toca é facer avaliación.

Qué lles aportou aos nenos que fose Dona Enriqueta a que lles falase de alimentación?
-Precisamente o feito de que os nenos sexan tan pequenos obriga a traballar de disinto modo. Desde que comezamos a traballar, en Matapiollos sempre pensamos que para traballar con nenos o importante é ser lúdico e menos formal para provocar nos pequenos que cheguen eles ás súas propias conclusións e así aprendan máis rápido. O exemplo o temos en que ao rematar cada sesión os nenos xa tiñan aprendida a canción que lles ensinábamos e así reteñen a mensaxe sen esforzo.

Como podemos definir a Matapiollos?
-Matapiollos é una Compañía Profesional de Teatro infantil dixirida a todos os públicos. O noso obxectivo é crear e desenvolver tanto proxectos como otras de teatro que teñen sempre un valor educativo engadido á diversión. É dicir, facemos lúdica para os nenos a aprendizaxe formal.

Levades traballando con nenos máis de 12 anos. Que é o que facedes principalmente?
-Pois temos feito de todo. Nun principio comezamos con maxia, clown e música e agora xa temos pezas de teatro completas coas que ofertamos diferentes acutacións. Ata o de agora temos traballado moito en campañas de animación á lectura polo que comentaba antes de intentar facer lúdica mensaxe formal. Temos traballado en bibliotecas, garderías e escolas sen descartar as salas de teatro, xa que todos os anos montamos un espectáculo diferente.
Supoño que agora estaredes preparando unha nova obra. De que vai?
-Agora temos dúas obras en marcha, unha de pequeno formato Comelibros que estrearemos no mes de marzo, que, como o seu título indica, está relacionada coa campaña de animación á lectura. A sinopse da obra desenvólvese unha biblioteca. Tamén estamos a preparar outra de maior formato, Píncónús, que trata sobre unha serie de personaxes que esperan o tren nunha estación… e ata ahí podo falar…

MATAPIOLLOS
O grupo Matapiollos naceu hai 12 anos en Lugo conformado por tres amantes do teatro. Empezou case por casualidade cando Carlos Coira foi contratado por una gardería para facer un número de maxia e decidiu levar a dous amigos que aportaran tamén un pequeno espectáculo de clown e contacontos. O éxito foi tal que os animou a xuntarse para traballar nesta faceta. Agora xa funcionan como grupo especializado en público infantil e reciben encargos en toda Galicia.

Deixe un comentario