Ocio

O que podes facer este Nadal en Lugo

en 18 diciembre, 2015, 15:22 / en Ocio

Actividades de Nadal do Concello O Concello elaborou un programa de actividades para o Nadal no que se inclúen todo tipo de actividades. Auditorio Gustavo Freire Ofrece 15 alternativas de espectáculos ata o 8 de xaneiro dos que falta aínda por celebrarse a gala solidaria Toda a terra é dos homes e das mulleres, o VI Festival de Danza, o […]

Ler máis ›
App: Aplicacións para aprender a ler

App: Aplicacións para aprender a ler

en 18 diciembre, 2015, 14:54 / en Ocio

Educaplanet ofrece na súa web www.educaplanet.com unha serie de aplicacións para móbiles e ordenadores totalmente educativas. Foron creadas  para pequenos de Infatil e Primaria e con elas poden aprender a ler xogando. Do mesmo xeito poden aprender a contar ou a multiplicar dun xeito ameno e divertido. Como moitas valen para móbil, poden usarse en calquera momento.

Ler máis ›
Internet: Blog Renacuajos, de 0 a 3 anos

Internet: Blog Renacuajos, de 0 a 3 anos

en 18 diciembre, 2015, 14:53 / en Ocio

Renacuajos infantil é o blog de Isabel Serén, unha lucense que exerce como Educadora Infantil nunha escola infantil do primeiro ciclo. Neste espazo atoparedes infinidade de actividades, xogos, cancións, cortometraxes, sesións de psicomotricidade, etc. para os nenos e nenas de 0 a 3 anos. Sen esquecer que é un espazo que invita a reflexionar sobre esta etapa. http://renacuajosinfantil.blogspot.com

Ler máis ›
Cine: Carlitos e Snoopy debutan no cine

Cine: Carlitos e Snoopy debutan no cine

en 18 diciembre, 2015, 14:52 / en Ocio

Carlitos, Snoopy, Lucy, Lino e o resto da banda dos Peanuts debutan na gran pantalla dunha forma como nunca os vimos: en 3D de última tecnoloxía. Snoopy, o sabueso máis adorable do mundo e as da aviación, embárcase na súa misión máis importante, elevándose ao ceo en persecución do seu inimigo, O Barón Vermello. Máis información en www.ocioengalicia.com/lugo/cine/.

Ler máis ›
Libros: De paseo con Paulo

Libros: De paseo con Paulo

en 18 diciembre, 2015, 14:50 / en Ocio

De Paseo con Paulo, escrito pola escritora luguesa Cristina Corral, sae á luz tras a publicación De Paseo con Crunia, unha guía de viaxe realizada polos diferentes barrios da Coruña para os máis cativos da casa, editada por Embora. De paseo con Paulo conta a historia da avoa María, que leva de paseo ao seu neto Paulo pola cidade de […]

Ler máis ›
App: Gratuíta para móbiles de Teo

App: Gratuíta para móbiles de Teo

en 18 junio, 2015, 10:36 / en Ocio

O entrañable Teo uniuse ás tendencias actuais como protagonista dunha App Infantil gratis dispoñible para iOS e Android que pode descargarse gratis. Con ela, pequenos poderán aprender sobre o mundo que os rodea, lingua, autonomía, hábitos de hixiene persoal e moito máis. Teo paseará polo seu barrio, irá á panadería, ao supermercado e aprenderá a facer un sinfín de cousiñas […]

Ler máis ›