Deberes na casa

deberespag3Os españois dedican unha media de 12,8 horas semanais ás tarefas extaescolares, 6,5 delas se empregan en deberes

En España  utlizamos para os deberes tres horas máis que a media

A nova lei de Educación, a tan famosa Lomce, trouxo este ano un importante cambio para os alumnos de Primaria, a volta das tarefas extraescolares, os coñecidos por todos como deberes. A anterior prohibía os mesmos ata os 12 anos, pero desde o comenzo de curso estes volven a estar activos e son os propios centros os que deberán escoller se poñelos ou non.

En Lugo, a maioría dos centros opta por volver aos deberes como un mecanismo de traballo na casa e como medio de fixar o aprendido na aula. Aínda que o debate segue aberto entre detractores e seguidores desta medida, o caso é que xa temos deberes de forma oficial porque aínda que prohibidos, na maioría dos centros se seguían poñendo.

O último informe PISA recolle as horas que o mozos de Primaria e Secundaria dedican aos deberes. Os españois son líderes indiscutibles entre os países do seu contorno cunha media de 12,8 horas semanais dedicadas ás tarefas na casa, tres horas máis que a media europea.

A cuestión é que non existe sempre unha correlación entre número de horas de deberes e o rendemento escolar. Así, mentres que Finlandia é o país onde menos tarefas se poñen aos nenos, lideran os ránkings en habilidade lectora, ciencias e matemáticas. Corea, sen embargo, na que todos os nenos teñen entre catro e tres horas diarias de academia extraescolar, máis tarefas, está por enriba de todos en rendemento.

Eso ven a dicir que a execución das tarefas escolares axudan, pero non son imprescindibles. A cuestión está na calidade desas tarefas, que deben cumprir diferentes requisitos, xa que deben ser complementarias ao traballo da aula e non substituilos. Non deben ser tampouco excesivos e deben estar adaptados ao alumno en extensión e intensidade. Como pauta establecen para Primaria 20 ou 30 minutos de deberes ao día e para Secundaria o dobre.

A realización das tarefas na casa se atopa con varios inimigos, como as clases extraescolares que teñen moitos nenos (música, baile, inglés, etc…) e tamén a cantidade de horas que os mozos e mozas dedican á televisión e internet. Se ben os primeiros poden ser un complemento dos estudos, a televisión e internet moitas veces o que fan é lastrar o tempo de estudo e dar pulo ao fracaso escolar.

Desacordos

Por outra banda, expertos tamén opinan que as tarefas na casa en Primaria son innecesarias xa que os rapaces teñen que diferenciar entre o tempo de lecer (na casa) e o de estudo (no colexio). Así mesmo, consideran que o neno ten tanta necesidade de tempo libre e de convivencia co xogo como de aprender.

As tarefas son unha parte importante do sistema educativo. Con todo, non todos os rapaces están inmersos nesa dinámica. Segundo os expertos, os rapaces non fan os deberes regulamentarios por varias circunstancias, entre as que figuran que carecen dun lugar apropiado, non contan co respaldo dos pais, teñen responsabilidades familiares ou necesitan motivación.

A axuda dos pais

Unha peza fundamental na realización das tarefas son os pais. Sobre isto falaron este trimestre nunha charla organizada polas Anpas na que quedou claro que os deberes son importantes porque habitúan ao neno a responsabilizarse do seu. É mellor facer as tarefas a primeira hora, antes das actividades extraescolares, que non se poden considerar tempo de ocio.

Porque, aínda que os pais tentamos axudar, deben ser os nenos os que leven conta dos traballos a realizar, das datas dos exames e de todo isto. E os pais temos que aprender a deixarlles ser autónomos e responsables. Para corrixir os deberes e explicar conceptos xa están os profesores.

O labor dos pais deberá centrarse en axudar a queles nenos que lles custa máis ou que teñen algún tipo de problema, marcando tempos de estudo, descansos e valorando o esforzo realizado, pero sempre sen premialos con chuches ou máis horas de Play.

Deixe un comentario