Fin de curso no CDAN

Por Raquel González, directora do CDAN Lugo

“Intensidade” é a palabra que podería resumir esta derradeira semana de curso no CDAN LUGO. As catro representación en cinco días -tres de profesional e unha de elemental- remataron con altas doses de emotividade, dirixida sobor de todo á despedida do alumnado que remata o 6º curso de Grao Profesional, nas especialidades de Clásica como de Contemporánea.

Viveiro foi a vila da estrea de “0 Principiño” -grazas a un convenio entre a Área de Cultura de Deputación de Lugo e o CDAN- e foi alí onde os responsables da produción auguraron o éxitoso que ían ser as representacións no Gustavo Freire. Un auditorio onde o alumnado do CDAN síntese como na casa e onde logo de tantos anos de espectáculos, poderiamos considerar as Galas do Cdan como a referencia dancística na cidade amurallada e o seus grupos como a “compañía residente”.

Non defraudaron nin as creacións coreográficas nin o deseño técnico nin as actuacións dos distintos grupos. As galas do CDAN son xá un clásico que mellora ano a ano. Non hai sitio para a improvisación, todo está medido e conectado e así o percibiron as máis de 2500 persoas que presenciaron os espectáculos.

As ovacións máis sonadas foron as adicadas ao alumnado que deixa o Cdan ao rematar o seu periodo de formación. Unha despedida que fixo que unha parte do alumnado e do público presente derramasen bágoas de emoción como cando na “coreo” final os artistas portaban sobre a escuridade os farois e descendían da escea abandonando o escenario -entre o público- baixo unha solemne música, cunha mensaxe ben clara: Vanse coa lús que prenderon durante o seu paso polo conservatorio e que lles servirá de guieiro para os proxectos futuros. Vanse coa calor que desprende a familia do CDAN e coas bágoas e o recoñecemento, en forma de aplausos

Deixe un comentario