José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Deportes no Concello de Lugo: “As escolas deportivas naceron para crear hábitos saudables”

grandioJosé Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Deportes no Concello de Lugo volcou unha grande parte do seu esforzo na creación das escolas deportivas municipais, coas que se pretende incentivar a práctica deportiva na infancia e na mocidade como unha forma de fortalecer a nosa canteira de deportistas. Con estas escolas preténdese entre outras cuestións facilitar o acceso a moitas disciplinas que, pola súas características, ofrecen algún tipo de dificultade. Son preto de 5.000 os rapaces e rapazas que forman parte deste proxecto que ano a ano renova esforzos.

Cantos nenos e nenas participaron este curso nas escolas deportivas municipais?

En total foron ao redor de 4.500 rapaces de rapazas de todas as idades. A min gústame destacar o incremento de participación feminina nas escolas, que supón un 57% do total. A máis demandada, de novo, foi a natación.

Cantos deportes agrupan as escolas?

A día de hoxe ofertamos aos rapaces lugueses 20 modalidades deportivas distintas, o cal é posible grazas á implicación de clubes, federacións e á incorporación de novas instalacións deportivas. Neste último punto levamos traballando xa anos e aínda que queda por hacer estamos seguros de que xa estamos moi fortalecidos.

Cal é o obxectivo destas escolas?

O principal obxectivo da Concellería de Deportes é a de crear hábitos saudables entre a poboación. A obesidade e o sendentarismo son as grandes lacras actuais e temos que aportar todo o que podamos nesta loita. Nesta mesma idea enmarcáronse outros proxectos deportivos, ademais das escolas municipais, como é o circuíto de carreiras populares Corre con Nós

Que planes hai ao respecto para o próximo ano?

A idea é a de seguer apostando por este proxecto co incremento da oferta deportiva e coa dotación de espazos axeitados para cada modalidade. É moi difícil contar agora como quedará todo o próximo ano porque estamos aínda pechando novas accións.

Como funcionan as escolas. Hai que matricularse? Canto se abona?

Todas as escolas requiren dunha matriculación previa na Concellería de Deportes ou directamente no clube que desenvolve a actividade e os prezos varían en función de cada modalidade, temos algunha que é gratuíta. O importante para nos é facilitar o acceso a todos.

Cando comezou este sistema de escolas e que cambios tiveron desde a súa fundación?

Inicialmente eran totalmente municipais e foron paulatinamente trasladándose aos clubes, que, coa nosa colaboración, encárganse de levar adiante a programación das mesmas.

BIOGRAFÍA

José Manuel Díaz Grandío, aos seus 55 anos, é concelleiro de Deportes do Concello de Lugo desde o primeiro goberno de Orozco, aínda que xa estivo como concelleiro desde 1998. Este representante do socialismo lucense leva traballando no impulso do deporte de base desde o principio, participando todas as fins de semana nalgunha actividade e cautivando a todos polo seu bo facer e carácter afable. Instalacións deportivas modernas e impulsar o deporte de base son os eixes do seu programa de traballo no Concello de Lugo.

Deixe un comentario