Mª Luz Freije Villar, óptico-optometrista en Federópticos Lukus: “Adaptamos unhas lentillas de uso nocturno para controlar a miopía”

lukusAs dificultades na visión son un problema cada vez máis recurrente nos nosos pequenos. As novas tecnoloxías, o factor xenético e o medioambiental son responsables de que a visión dos nenos non sexa todo o perfecta que  debera. Estes problemas repercuten na saúde con molestias como dores de cabeza, pero van acompañados tamén de problemas nos estudos polo que é convinte un control continuado da salud visual dos nenos, tal e como o explica Mª Luz Freije, responsable de Federópticos Lukus.

É certo que cada vez hai máis nenos con problemas de visión?
-Si, o exceso de xogos en consolas aumentou a posibilidade de adquirir miopía. O fixarse seguido de preto fai que a persoa parpadee menos e lubrique así peor o ollo. Nos primeiros anos de vida, entre os 8 e os 9 anos, é cando se fai o desenvolvemento da capacidade visual e é moi importante que se faga correctamente.

Este aumento a que é debido?
-Ata o de agora apuntábase á xenética como causa principal, sen embargo, estudos recentes engaden un factor ambiental: o tempo de exposición á luz natural na idade de crecemento, o feito de estar máis tempo en penumbra disminúe a producción de dopamina (un neurotransmisor que producen as células da retina) o que pode ocasionar unha debilidade esclerar e facer que o ollo creza máis do normal volvéndose así facilmente miope.

Que teñen que facer os pais?
-Os pais deben estar atentos e controlar se os pequenos se arriman moito á televisión, se frotan os ollos, se achegan moito ao ler… No caso de confirmar que necesitan lentes para corrección, axudar a sobrelevar isto de xeito positivo para que o seu uso non sexa un trauma para o neno.

Cales son as doenzas máis habituais?
-A máis habitual é a miopía, seguido da hipermetropía e o  astigmatismo. Nos primeiros anos de vida tamén poden aparecer estrabismos que se deben solucionar na infancia para non dar lugar á perda de visión nun ollo, facéndose o que chamamos ollo vago e que logo non ten cura.

É necesaria a revisión en nenos sans?
-Si, porque todos os nenos deben pasar unha primeira revisión entre os 5 e 6 anos, ou como moito aos 6/7 anos.

Que novidades aporta Federópticos Lukus nestes tratamentos?
En Federópticos Lukus adaptamos unhas lentillas de corrección nocturna (CRT e Paragon) indicadas para control da miopía en nenos aos que lles está aumentando moito, máis as revisións que lles facemos. Segundo os estudos recentes, estas lentillas frean o aumento nunha importante porcentaxe. Levan no mercado desde 2004 e estamos traballando con elas desde entonces con moi bos resultados.

Que costumes deberíamos inculcar nos nenos con respecto á súa visión
É importante que teñan boa iluminación cando len ou fan os deberes. Tamen é necesario que fagan descansos e miren unha imaxe louxana cando están a xogar coas maquinas, etc. É moi importante que non estean en penumbra ou coa luz apagada cando usan o móbil.

Biografía

María Luz Freije Villar, natural de A Pontenova, dirixe actualmente a óptica Federópticos Lukus, situada na rúa Conde Pallares, número 2, de Lugo. Con máis de 25 anos de experiencia no sector, Mª Luz é diplomada en óptica e optometría e ten realizado tamén varios cursos de formación en adaptación de CRT, cores irregulares, queratoconos, etc.

Etiquetas:

Deixe un comentario