No sistema educativo desde os tres meses

guardes

A estas alturas de século xa no se pode dubidar de que a escolarización dos pequenos dá comezo entre os tres e catro meses e xeralízase cando alcanzan o ano. Todos sabemos que se convírte en obrigatoria aos tres anos. Por isto, as tradicionais garderías pasaron a ser denominadas escolas infantís e a súa categoría é tanto pública como privada, habendo máis prazas neste último tipo. Sen embargo, os datos reflicten que xa utlizan as garderías o 70% dos pequenos menores dun ano, un dato que en Galicia é inferior, xa que está no 45%. Os datos na nosa comunidade soben ata o 66% para aqueles nenos que teñen  entre os 12 e os 24 meses, e no último curso xa acadan o 78%.

A pesar destes datos, asusta máis outro que nos fala de que o 22% dos pequenos pasa na gardería máis de oito horas ao día, condicionado pola situación laboral dos pais, aínda que o normal é que estean unha media de 24 horas á semana. Para evitar esto, en Galicia xa se percibe que o 13% das familias optan pola redución de xornada para atender aos pequenos na casa. O 70% dos que tomaron esta decisión foron mulleres. Sobran as explicacións.

Se nos centramos na provincia de Lugo, os datos de uso das garderías baixan ata o 38,5%. As porcentaxes nas zonas rurais e nas cidades é tamén moi diferente, xa que nas pequenas localidades as garderías teñen unha matrícula moi baixa ou non existen.

A principal razón, no 70% dos casos, que se aduce para non ir á gardería, é porque non o necesitan, xa que o coidado dos pequenos está ao cargo dun dos pais. O resto afirman que non o fan porque non poden permitírselo ou non dispoñen de centro.

E é que o prezo destes centros non sempre está ao alcance dos pais. Por término medio, pagan polo servizo de gardería uns 350 euros ao mes en centros privados e 130 nos públicos. Ademais, o 66% dos pais non recibe axudas, un 20% menos que outros anos.

Os datos reflicten unha conclusión xenérica, os pais necesitan máis apoio na conciliación dos horarios laborais para ir adiante cos fillos e tampoco sobraría un apoio máis da Administración en axudas.

Deixe un comentario