Nova edición das Aulas Abertas

O Goberno de Lugo pon en marcha un Nadal máis a programación de Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas. Así o deu a coñecer este venres a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Gonzalez Abelleira. Trátase de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar nos centros de convivencia da Milagrosa e María Balteira -de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo -de 3 a 10 anos-. Para esta programación, que ten un horario de 09:30 a 13:30 horas, hai 20 prazas en cada centro, é dicir, un total de 60 prazas.

Estas actividades tamén reforzan as ociotecas que ofrece o Concello, para que os nenos e nenas empreguen as sús épocas de lecer en distintas alternativas lúdicas educativas en horarios que ademais faciliten a súa conciliación.

As solicitudes de inscrición deben realizarse dende o vindeiro luns, 18 de decembro, ao mércores, 20 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas no centro no que se queira realizar a actividade. Resérvase un máximo dun 40% das prazas para persoas con diversidade funcional. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A participación nesta programación seguirá a seguinte orde de prioridade: persoas empadroadas no Concello de Lugo, persoas non empadroadas derivadas polo servizos sociais do Concello.

Máis información no Servizo de Información Municipal 010 ou na páxina web do Concello, www.lugo.gal

Programación

Etiquetas:

Deixe un comentario