O Divina Pastora leva a cabo o proxecto Saboreando o Outono

O Colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo puxo en marcha nos meses de outubro e novembro o programa Saboreando o Outono, dirixido aos pequenos de Educación Primaria. Un proxecto que rematou coa celebración dun magosto no patio do colexio.

O obxectivo deste proxecto é fomentar e experimentar unha das tradicións máis representativa da nosa cultura galega, de coñecer a historia e evolución desta festa ata os nosos días. Este proxecto é interdisciplinar, xa que todas ás áreas do currículum estarían enmarcardas dentro do mesmo, co fin de acadar as competencias básicas dunha maneira máis enriquecedora e globalizada.

Etiquetas:

Deixe un comentario