O que podes facer este Nadal en Lugo

Actividades de Nadal do Concello

O Concello elaborou un programa de actividades para o Nadal no que se inclúen todo tipo de actividades.

Auditorio Gustavo Freire
Ofrece 15 alternativas de espectáculos ata o 8 de xaneiro dos que falta aínda por celebrarse a gala solidaria Toda a terra é dos homes e das mulleres, o VI Festival de Danza, o festival do Nadal da Milagrosa, a comedia de Ana Morgade e o ballet O Lago dos Cisnes. Para os máis cativos, o auditorio acollerá o espectáculo musical English Pitinglish e as sesións teatrais O último dragón, Martes, A casa do avó e A miña primeira viaxe. Xa en xaneiro, actuará un coro gospel, a Banda Filharmónica de Lugo e o monologuista Javier Varela.

Actividades na rúa
Dende o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, os lucenses e visitantes terán unha cita coa artesanía na Praza Anxo Fernández Gómez coa Feira Artenadal. Nesta mesma carpa, celebraranse obradoiros de scrapbooking, panxoliñas, artesanía, pintura e cociña dirixidos aos máis cativos da casa. Tamén haberá espectáculos de maxia, humor e monicreques.
Na rúa tamén actuarán diferentes corais e agrupacións musicais  na rúa San Marcos, Praza da Milagrosa, Sagrado Corazón, Praza do Campo, nas rúas Montero Ríos e Rafael de Vega, Montirón, Albeiros, Fontiñas, Carril das Flores, Praza da Soidade ou Praza Maior, entre outros.
A partir do 26 de decembro e ata o 4 de xaneiro, o Carteiro Real recorrerá os barrios e rúas da cidade recollendo as cartas dos nenos e nenas e o día 5 terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, dende as18:00 horas do parque da Milagrosa.
O Concello tamén organiza unha andaina pola ribeira alta do Miño o día 20 de decembro, un paseo temático polo Camiño Primitivo, pola Muralla, ao MIHL e polos arredores da Catedral, o 26 e 27 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro, respectivamente.

Nadal de cristal no MIHL
Entre as novidades da programación de Nadal destaca a exposición Nadal de Cristal, unha mostra de máis de 300 adornos creados artesanalmente en cristal, dende o 17 de decembro ao 31 de xaneiro. Vinculados a esta exposición, realizaranse diferentes obradoiros de cociña, de creación de adornos e de contos.

Nova edición de Xuvenlugo

Xuvenlugo se está a celebrar un ano máis no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, unha actividade que axuda a conciliar a vida familiar e laboral das familias lucenses. Funcionará de xeito continuado do 18 de decembro ao 4 de xaneiro, pechando unicamente en Noiteboa e Noitevella. Haberá unha ultima quenda do 8 ao 10 de xaneiro. Os horarios de apertura das atraccións mecánicas serán das 16:30 ás 20:30 horas, mentres que o resto das actividades permanecerán accesibles para o público desde as 16:30 ata as 21 horas.

Aulas Abertas nos centros sociais

As Aulas Abertas volverán funcionar este Nadal con 100 prazas para nenos de 3 a 11 anos, que se desenvolverán nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Milagrosa –nenos de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo –nenos de 3 a 10 anos-, 20 prazas por cada centro de convivencia. As Aulas Abertas celebraranse os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016. O horario será o mesmo para todas as actividades, de 09:30 a 13:30 horas.

Pistas de xeo

Unha pista de xeo fará as delicias dos pequenos durante a época navideña no Centro Comercial As Termas. Estará habilitada ata o 10 de xaneiro de 2016, de luns a venres en horario de 16:30 a 21:30 horas ampliando pola mañá de 11:30 a 14:00 horas os sábados, domingos e festivos de apertura. Este mesmo horario repetirase nas vacacións escolares navideñas, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, con xornadas especiais en Noiteboa e Fin de Ano (11:30 a 17:00 horas). Na Praza Horta do Seminario estará instalada unha pista de xeo e un carrusel infantil. Os días 24 de decembro e o 12 de xaneiro serán xornadas de portas abertas.

Concurso Muralla de Lugo

El diario El Progreso ven de convocar unha nova edición dos premios Muralla de Lugo, na que poden participar novamente todos os pequenos con menos de 12 anos. Mantéñense as mesmas bases que en anos anteriores, o que supón dous premios, un de debuxo e outro de redacción. No primeiro formato o traballo non poderá exceder os 30×30 centímetros  e en redacción tampouco poderá exceder dos tres folios A4. A temática debe referirse á Muralla romana de Lugo, á paz, á solidariedade e ao respecto polo medio ambiente. O prazo de presentación de traballos remata o 31 de marzo de 2016. Os gañadores recibirán 500 euros e unha fin de semana en París.

Concurso de Poesía de Nadal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2015, no que poden participar escolares de ata 16 anos, distribuídos en tres categorías segundo tramos de idade. A Biblioteca Nodal de Lugo coordina esta convocatoria, na que participan máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia sobre o Nadal.
Cada participante poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición. Os poemas deberán estar escritos en galego e contar cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación dos traballos, que deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca, rematará o vindeiro 22 de decembro. Os gañadores da fase local recibirán cada seu diploma e lote de libros e pasarán á fase final, na que competirán cos traballos seleccionados noutras bibliotecas da provincia. As bases do certame poden consultarse na web da biblioteca (http://rbgalicia.xunta.es/lugo/) ou no centro.

Obradoiro na Biblioteca Nodal

Na programación de decembro da Biblioteca Nodal inclúese o obradoiro Soños de neve, destinado a nenos de entre 4 e 12 anos e deseñado para desenvolver a creatividade dos rapaces mediante o emprego de diferentes materiais para elaborar agasallos de Nadal. Desenvolverase na sala multiusos o venres 18 ás 18:00 horas.

Xadrez no nadal

A Escola de Xadrez de Lugo organiza un campamento para os días de Nadal entre as nove da mañá  e as dúas da tarde (con horario ampliable). Impartiranse dous obradoiros:
Xadrez divertido é un taller de pre-xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo a xogar ao xadrez dunha forma divertida e participativa. Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos que non teñen coñecemento de xadrez ou estean a dar os seus primeiros pasos no xadrez.
O taller Xadrez máxicos é un taller de xadrez, onde os nenos e nenas de entre 9 e 15 anos irán aprendendo os principais motivos tácticos que existen no xadrez, o que lles permitirá mellorar as súas capacidades xadrecísticas. As clases serán principalmente prácticas, onde cada alumno ou alumna vaia ao seu propio ritmo dunha forma lúdica e divertida.
Recibirá charlas teóricas e poderá poñer en práctica os coñecementos que vaia adquirindo, a través de xogos cooperativos, concurso de resolución de problemas, concursos por equipos de creación de problemas e un pequeno torneo ao final de cada día.
Estes talleres levaranse a cabo na Nave de Asociacións, parque de Frigsa. Local da Escola Luguesa.

Silleda park

A Feira Internacional de Galicia convertirase durante este Nadal nun parque de atraccións, Silleda Park, que abrirá os días 17 a 20 e 25 a 27 de decembro e do 2 a 5 de xaneiro, sendo o seu horario de 16.00h a 21.00h. Haberá unha ampla oferta de atraccións, ás que se sumarán pistas de fútbol, baloncesto e karting e tamén máquinas recreativas.

Deixe un comentario