O que podes facer estes meses en Lugo

Programación cultural municipal
O Concello de Lugo contará cunha ampla programación cultural nos meses de maio e xuño. Este programa recolle todo tipo de actividades, como música, teatro, actividades guiadas, historia e arqueoloxía ou danza e dirixida a todos os públicos e idades.
Ademais de todas estas actividades hai programadas visitas dentro do programa Lugo pedra a pedra, Terras de Auga e Cultura e Visitas guiadas polo Lugo Romano, que permitirán aos excursionistas coñecer outras parte de Lugo e da súa zona rural.
Dentro da programación destaca un ciclo de teatro dirixido a todos os públicos pero que trata temas de especial importancia como son os conflitos, a moralidade e as emocións.
Son catro obras de teatro en colaboración co AGADIC serán no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas. Tras a celebración das dúas primeiras no mes de marzo, Talía Teatro representará a obra Demolición o 22 de abril, que está protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo e na que desenvolverán un “comidrama” iniciado por un conflito. A última das obras é o 30 de abril titulada Divenire da compañía Circle of Trust &Logela especializada en danza breakdance.
As entradas terán un prezo único de 5 euros e poderan mercarse na web entradaslugo.es , no Centro de Interpretación da Muralla e no Auditorio Gustavo Freire.

Actividades previas Arde Lucus
Lugo acollerá unha serie de actividades culturais previas ao Arde Lucus, o Lvcvs Cultural, que se celebrarán entre o 14 de abril e o 17 de xuño. Divídense en catro grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade e actividades, entre as que destacan as dirixidas aos nenos.
Por outra banda, o Arde Lucus terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño. Novamente desenvolverase unha programación para todas as idades.

Concurso de debuxo de Avifauna
Avifauna mantén aberto o prazo de presentación de traballos para a II edición do Concurso de Pintura e Debuxo Infantil organizado por Avifauna. Está dirixido a nenos de segundo e terceiro ciclo de Primaria e deberá facerse a través do colexio. Os premios consisten en tablets, lotes de libros e material escolar, ademais do carné de socio do zoo.

Semana da Danza
Lugo acollerá a IV Semana de Danza entre o 24 e o 29 de abril. A primera actividade do programa será o venres 24 de abril ás 20.30. O Grupo de Danza Contemporánea e o Grupo de Percusión do Conservatorio de Música porán en escea o espectáculo Resonancias en Movemento no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O 25 de abril terá lugar o Encontro de centros de danza, no que participan diversos centros de ensinano de danza clásica e contemporánea de toda Galicia e co que se conmemora o Día Internacional da Danza. Desta maneira, o 26 será o día dedicado a outros estilos de danza distintos da clásica e a contemporánea. No acto colectivo “Fusión en Danza” participarán bailarines dos centro de ensinano Ritmo Lugo, Star Dance, Victoria Gil, Mercedes Castro, Espazo Artístico 10 e Teresa Neri. Será ás 19.00 horas no Auditorio Gustavo Freire.
O 27 terá lugar o concurso coreográfico no que o alumnado presentarán diferentes traballos sobre Martha Graham no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O 28 o alumnado do Conservatorio de Lugo levará a cabo unha actuación de mostra do repertorio de danza clásica, tamén no Auditorio.
Finalmente, o 29, o  Xove Ballet de Galicia representará O lago dos cisnes en dous pases, un para escolares de toda a provincia ás 11.30 horas, e outro para todos os públicos, ás 20 horas.

Seráns culturais
Os Seráns Culturais organizados pola Área de Cultura da Deputación Provincial, continuarán en abril, maio e xuño cun total de 20 actividades a desenvolver no Pazo de San Marcos. Deste modo, en todas as actividades a entrada será libre ata completar aforo, agás no obradoiro ‘Mariquiña, a carteira andoriña’. Contará con programación moi variada, como concertos, contacontos, teatro, obradoiros e maxia, tanto para público infantil como adulto. No mes de maio se recuperará a idea do Maio de Lingua, con actividades reivindicativas da lingua galega. Entre as actividades a desenvolver durante este mes sobresae a reedición do programa Lingua Viva, obradoiros de creación artística dirixidos por Paloma Lugilde sobre escritoras en lingua galega.

Animación á lectura en Frigsa
Continúan as actividades de animación á lectura na Biblioteca Provincial. No mes de abril, o 9 haberá contacontos a cargo de Lisitrata, que tratará sobre a igualdade de xénero. O sábado 18 no MIHL terá lugar o obradoiro Debuxando cos ollos de Picasso dirixido por Isabel Somoza e no que os participantes construirán un pequeno teatro de títeres para logo contar historias. O 23 comezán os contacontos de Caxoto, nos que ao son da cantiga Carteiro en bicicleta, achegaranse distintos autores da literatura. Esta dirixido para nenos e nenas de máis de 6 anos e ten unha duración de unha hora.

Biblioteca Provincial Nodal
A programación na Biblioteca Nodal continuará no mes de abril con actividades para nenos todos os venres a partir das 18:00 horas. O día 10 haberá o obradoiro ‘Arte nos libros’, para nenos de 5 a 14 anos. O día 17 de abril haberá sesións de contacontos para distintas idades e finalizará a programación do mes cun espectáculo co título ‘Contos de maxia’, dirixido a nenos de 4 a 10 anos. Para estas actividades é necesaria inscrición previa.

Campamentos de verán
A Consellería de Traballo e Benestar ofertará 1.440 prazas nos campamentos de verán e 1.895 no conxunto da campaña de verán, que inclúe ademais campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e a oferta concertada. Os nenos e a mocidade luguesa terán acceso a 8.500 prazas en 19 albergues e campamentos da xeografía galega, e tamén poderán optar a prazas noutras comunidades autónomas como País Vasco, Castela e León, Estremadura e A Rioxa; os campos de traballo ofrecen incluso a posibilidade de trasladarse a outros países. A duración das quendas, que terán lugar entre xullo e agosto, variará en función da idade dos participantes e das características dos campamentos, e oscilará entre os 8 e os 12 días. Polo que respecta á oferta propia da provincia de Lugo, as 1.440 prazas dos campamentos estarán distribuídas entre o albergue xuvenil Area, de Viveiro; o albergue xuvenil Benigno Quiroga, de Portomarín; o campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo; o de Os Chacotes, en Palas de Rei; o poboado dos Peares, en Carballedo, e a residencia xuvenil Lug II, na capital. Infórmate na nosa web: www.educlugo.com.

Xornadas de tear tradicional
O Centro de Convivencia de Fingoi acolle as IX Xornadas de Tear Tradicional que se celebran entre os días 6 e 23 de abril e nas que os participantes aprenderán como usar un tear tradicional. O curso celebrarase de luns a xoves de 17 a 19 horas e o número máximo de participantes por grupo será de 15.

Deixe un comentario