Proxecto de Bana

Os alunnos de 3º de Franciscanos utilizan un sistema de aprendizaxe a través  de actividades basadas nas competencias

Hai cinco anos, un profesor de Primaria do colexio Franciscanos de Lugo puxo en marcha na súa aula o Proxecto de Bana, creado para reforzar e ampliar a formación reglada mediante a realización de diferentes actividades na propia aula utilizando os contidos transversais a partir da temática liguística pero chegando ata o resto das materias.

Neste tempo, no que cinco xeracións de rapaces de terceiro de Primaria pasaron xa polas súas aulas, o proxecto está totalmente consolidade e conta cunha importante rede de actividades entre as que figuran a realización dun noticieiro de televisión, un blog ou unha revista. Pero ademais, as ideas non faltan e para cada punto do currículo existe unha actividade divertida e cohesionadora que lles permite lograr o máximo obxectivo da educación: “ensinar de tal maneira que non se dean conta de que están aprendendo ata que é demasiado tarde”.

As mascotas, a limpeza e os diferentes valores trabállanse na aula ao amparo dunha perrita, Bana, que é o eixo de todo o proxecto. Pero hai moito máis, convértense nunha patruia verde, preparan unha cartilla do exército, crean os seus propios alteregos, mandan mensaxes positivas, etc… un sin fin de actividades nas que as xornadas internacionais dirixidas a algunha actividade ou colectivo son tema obrigado do día e material de traballo.

O Proxecto Bana é un produto de dous mestres, Luis Abel Taboada e Ginés Vázquez Seijas, que buscaron desde o primeiro día formentar o diálogo e a participación, obxectivo logrado para gran satifacción dos pais, que ven que sempre se cumple co programa oficial: “é como se os nenos tivesen dúas programacións nun só curso. Estamos moi satisfeitos co resultado”, explica Luis.
Este programa, que conta co respaldo da dirección do colexio, consegue también unha ampla particicipación tamén dos pais durante o curso e no funcionamiento da aula porque moitos dos proxectos son seguidos e necesitan da participación dos maiores, ademais de que todo o que fan chega a casa en diferentes formatos.

Exportación

Lóxicamente este proxecto contou desde os seus inicios con moito interese por parte de diferentes sectores do profesorado. Os responsables do proxecto presentáronno en diferentes centros e tamén ante formadores da Escola de Formación do Profesorado recollendo moi boas críticas. Pero, a pesar destas boas notas de aprobación, o sistema non foi exportado a ningún outro centro aínda. “O problema é o enorme traballo que representa para o docente preparar todo o necesario para as diferentes actividades. Eu conto coa axuda de moitas persoas que o fan de forma desinteresada pero non todos os mestres están nesta situación”, engade.

Sen embargo, xa son un exemplo de como facelo doutro xeito e están invitados todos os anos a expoñer este proxecto no Máster de Couching Educativo. De feito, os dous profesores están en contra do que se está a chamar aprendizaxe bulímico, polo que o rapaces engullen coñecementos exclusivamente para un examen onde vomitan os seus coñecementos, que logo perden.

Etiquetas: ,

Deixe un comentario