Etiquetado con: "concello"

Convocada unha nova edición do Trapero Pardo

en 8 noviembre, 2017, 13:22 / en Noticias

A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, convoca o Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo, que premia a creatividade literaria dos mozos e mozas lucenses. Trátase da vixésimo terceira edición deste concurso, dirixido a todos os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de calquera centro educativo de ensino non universitario da provincia […]

Ler máis ›

O Concello pon en marcha Apego, para a difusión do galego

en 27 octubre, 2017, 11:18 / en Noticias

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este xoves a posta en marcha no concello de Lugo do programa Apego, unha iniciativa coa que o Goberno cumpre un acordo unánime do Pleno e que ten como obxectivo “incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e promover que […]

Ler máis ›
Os nenos de Salesianos visitan o Concello

Os nenos de Salesianos visitan o Concello

en 27 octubre, 2017, 11:08 / en Noticias

A Concelleira de Benestar, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recibiu a un total de 50 alumnos e alumnas de 3º de primaria do colexio Salesianos, que visitaron as instalacións do Concello, para coñecer in situ os contidos que aprenden de forma teórica no colexio, sobre como funciona ou se organiza o concello. A edil atendeu as preguntas e dúbidas que […]

Ler máis ›
Intercambio entre o alumnado do IES Ánxel Fole e o italiano dun centro de Catania

Intercambio entre o alumnado do IES Ánxel Fole e o italiano dun centro de Catania

en 18 octubre, 2017, 13:53 / en Noticias

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns, no Salón de Comisións da Casa Consistorial, un grupo duns 10 estudantes de segundo de bacharelo dun centro italiano de Catania e dúas mestras, que participan estes días nun intercambio cultural e educativo co instituto lugués Ánxel Fole. No encontro, no que tamén participou profesorado e alumnos e alumnas de Lugo, […]

Ler máis ›
O Concello crea un banco de instrumentos

O Concello crea un banco de instrumentos

en 18 octubre, 2017, 13:50 / en Noticias

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou este martes que a Xunta de Goberno aprobará mañá a creación dun Banco de Instrumentos na Escola Municipal de Música, unha novidosa iniciativa “que ten como obxectivo fundamental facilitar a aqueles nenos e nenas que teñen poucos recursos a posibilidade de tocar o instrumento que a eles máis lle guste”. […]

Ler máis ›
Os nenos súmanse á semana da prevención de incendios

Os nenos súmanse á semana da prevención de incendios

en 18 octubre, 2017, 13:42 / en Noticias

Lugo sumouse este ano, por primeira vez, á Semana de Prevención de Incendios. Faino con actividades dirixidas, principalmente a escolares, que terán lugar ao longo deste mércores e xoves no Parque Municipal de Bombeiros. Estas xornadas, organizadas pola Fundación Mapfre e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) en colaboración cos bombeiros de Lugo, iniciáronse esta mañá. Nelas participarán […]

Ler máis ›